Federación Galega de Montañismo
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

  Inicio   >>   Licenza  >>  En caso de accidente
FGM

Atención:

Por solicitude da aseguradora ASEFA, infórmase que os teléfonos de sinistros son:
Nacional: 902 116 666
Internacional: 34 93 228 76 32
Débese chamar a estes teléfonos cando se sufra un accidente, e non á aseguradora.

Información concerniente a tódalas aseguradoras:

Calquera accidentado ten obriga de cumprimentar un Parte de Accidente e remitilo á Federación coa maior brevidade.
Os partes de accidente da Mutualidade Xeral Deportiva (MGD) deberán solicitarse a Federación e o seu custe e 2 €/parte.


No caso de...

ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE

Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se viaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.

ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE

Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.
Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.
Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.


 

Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.es

webmaster@fgmontanismo.es