Federación Galega de Montañismo
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

  Inicio   >>   F.G.M.
FGM

Que é a FGM?

A Federación Galega de Montañismo pódese describir facilmente como “unha asociación de clubs” formado por tódolos deportistas montañeiros federados de Galicia.
En realidade a definición vén dada polos seus Estatutos e polas Leis que regulan a súa forma xurídica.
A Federación Galega de Montañismo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos.
A Federación Galega de Montañismo tamén está integrada dentro da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.
Actualmente ten o seu domicilio social e estatutario na rúa Fotografo Luís Ksado 17 – oficina 10 - c.p. 36209 de Vigo.
Está rexistrada como entidade deportiva no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia.

Réxime legal aplicable (relación da lexislación máis importante):


Xunta Directiva da Federación Galega de Montañismo

SAÚDA DO NOVO PRESIDENTE:

Adolfo Puch Domínguez


XUNTA DIRECTIVA
Presidente Adolfo Puch Domínguez
Vicepresidente 1º Manuel Fco. Granada Otero
Vicepresidente 2º José Raúl Leirós Gutiérrez
Secretaria Xeral María Isabel Alonso Otero
Tesoureiro Evaristo Fandiño Pérez
Vogal Asesora Xurídica Ana Alonso Otero
Coordinador das Actividades Deportivas Felipe Martínez Redondo
Director Técnico da F.G.M. Xosé Manoel Pérez Prego
Vogal de Comunicación, Prensa e
Directora do Boletín Informativo Dixital “Cumes”
M. Carmen Echevarría Figueroa
Vogal de Refuxios e Instalacións Deportivas José Raúl Leirós Gutiérrez
Vogal de Esquí de Montaña Isaac Díaz Parga
Vogal Promoción Infantil-Xuvenil Felipe Martínez Redondo
Vogal de Montañeiros Veteranos Ángel Folgar Roca
Vogal de Carreiras por Montaña e
Delegado do Equipo da F.G.M.
Xosé Antón Vázquez Pérez
Vogal Coordinador dos Árbitros Manuel Domínguez Iglesias
Vogal de Material Deportivo de Montaña Antonio Paredes Chapela
Vogal Asesor Novas Tecnoloxías Manuel Domínguez Iglesias
Vogal Delegado da F.G.M. na provincia de A Coruña Angel Folgar Roca
Vogal Delegado da F.G.M. na provincia de Ourense Miguel Feijoó Fernández


 

Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.es

webmaster@fgmontanismo.es