Federación Galega de Montañismo
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

  Inicio   >>     Formación   >>   A EGAM
FGM

A EGAM

A EGAM (Escola Galega de Alta Montaña) é un órgano da Federación que constitúe a base da educación e tecnificación dos deportistas federados. Está constituída por un corpo técnico de profesorado especializado en montañismo, escalada, alpinismo, esquí de montaña, e barrancos. Dende hai moitos anos vén desenvolvendo, cada tempada, os correspondentes cursos dentro do calendario da FGM e das diversas especialidades. Actualmente a variedade de cursos e de niveis ofertado permite que tódolos federados de tódolos niveis teñan cursos adecuados á súa capacidade. A consecuencia directa da maior formación dos deportistas será que poderán acadar cotas máis altas no noso deporte. Pero sen dúbida, pódese afirmar que por diante do anterior, o primeiro obxectivo da Escola Galega de Alta Montaña é que os montañeiros estean plenamente formados na “Seguridade na Montaña”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.es

webmaster@fgmontanismo.es