
![]() |
29/02/2012 - Rolda de prensa de presentación da expedición Annapurna 2012 do montañeiro galego Sechu López

O martes 28 de febreiro no Edificio das Federacións en Vigo, o montañeiro galego Sechu López presentou os detalles da expedición Annapurna 2012 que o vindeiro mes de marzo o levará por terceira vez ao Himalaia nepalí para tentar, desta volta, acadar o cumio do Annapurna de 8.091 m.
López, socio do Club Montañeiros Celtas, explicou os preparativos, gastos, patrocinios, así como os detalles técnicos da expedición que terá unha duración duns dous meses e para a que non contará con sherpa, nin compañeiro previo de cordada e na que non empregará osíxeno artificial.
Sechu conta co patrocinio do Banco Mediolanum e a colaboración da Fundación Galega Deporte da Xunta de Galicia, Federación Galega de Montañismo, Club Montañeiros Celtas, Meteogalicia e as casas de deportes de montaña Musgo Aventura e Terra.
09/02/2012
Xa está dispoñible o folleto dos Refuxios de Montaña da FGM.
Podes mirar o calendario de Actividades aquí.
Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10
- 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.es
webmaster@fgmontanismo.es