Federación Galega de Montañismo
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

  Inicio   >>     Áreas   >>   Sendeirismo
FGM

NOVAS

Novas rutas homologadas

PR-G 147 - As Fragas da Ribeira e Lostegal
No Concello das Pontes de García Rodríguez poderemos encontrar esta ruta de 18'9 quilómetros, que transcurre xunto ao río Eume entre os Lugares de Interese Comuniaria (LIC) da Serra do Xistral e o Parque Natural das Fragas do Eume.
Ver ruta

REDE DE RUTAS DA TERRA CHÁ
PR-G 151 - Ruta das Lagoas
Esta ruta de 14 quilómetros que está no Concello de Cospeito, permite coñecer unha das sendas máis longas da Rede de Sendeiros da Terra Chá, así como a ben afamada Lagoa de Cospeito, que é un dos humidais máis importantes de Galicia.

PR-G 152 - Ruta dos Muíños
Esta ruta de 5 quilómetros no Concello de Abadín, une Cabo de VIla con Alaxe ao longo dun fermoso percorrido no que se poden vistiar os muíños do rego de Rodeiro e camiñar xunto ao río Anllo.

PR-G 153 - Augas de Fomiñá
Esta ruta de máis de 12 quilómetros que está no Concello da Pastoriza, transcurre xunto ao río Miño, nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fomiñá e de Baltar.

PR-G 154 - Ruta do Azúmara
Esta ruta de 7 quilómetros no Concello de Castro de Rei, une o Castro de Viladonga con Castro de Rei ao longo dun fermoso percorrido no que camiñaremos polas beiras do río Azúmara.

PR-G 155 - Miradoiro da Terra Chá
Esta ruta de menos de 20 quilómetros que está no Concello de Outeiro de Rei, é unha ruta onde se combina etnografía e natureza, nun percorrido que une a parroquia de Gaioso (Santiago) coa de Francos.
Ver rutas

EURO-RANDO 2011 - Caminos del Agua
Data: 17/09/2011
Enlace á páxina EURO-RANDO 2011
O sábado houbo un percorrido conxunto dos montañeiros de ambas comunidades pola Senda Verde do Ferrocarril. A saída foi dende A Pontenova (Lugo) pasando polo concello galego de Trabada e rematando no Concello asturiano de San Tirso de Abres.
Ver folleto

Actualización da guía de Sendeiros
Unha nova importante é que, froito da colaboración de Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo, dende este mes de setembro procédese á distribución da nova Guía de Sendeiros de Galicia. Momentaneamente pódese descargar da páxina web de Turgalicia, e proximamente será publicada en papel. Nela figuran as rutas antigas que permanecen en boas condicions (é dicir, que teñen o mantemento oportuno), e ás novas que suman arredor duns trinta novos itinerarios de pequeno percorrido.
Esta nova Guía ten información de 4 GR e 57 PR-G repartidos por toda Galicia. Un total de 61 rutas para gozar do sendeirismo en rutas homologadas pola F.G.M.
Ver documento Sendas

ENLACES

 

 

Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.es

webmaster@fgmontanismo.es