
![]() |
Esta é a área de sendeiros da Federación Galega de Montañismo. Empregando o menú da dereita, pódese acceder á información dos sendeiros GR e PR-G, así como á información necesaria para a creación de novos sendeiros (normativa existente e outras indicacións importantes para promotores).
Para consultar información sobre as actividades de Sendeirismo, prema aquí
Actualización da guía de Sendeiros
Unha nova importante é que, froito da colaboración de Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo, dende este mes de setembro procédese á distribución da nova Guía de Sendeiros de Galicia. Momentaneamente pódese descargar da páxina web de Turgalicia, e proximamente será publicada en papel. Nela figuran as rutas antigas que permanecen en boas condicions (é dicir, que teñen o mantemento oportuno), e ás novas que suman arredor duns trinta novos itinerarios de pequeno percorrido.
Esta nova Guía ten información de 4 GR e 57 PR-G repartidos por toda Galicia. Un total de 61 rutas para gozar do sendeirismo en rutas homologadas pola F.G.M.
Ver documento Sendas
|
Recomendamos o enlace coa páxina de Turgalicia (www.turgalicia.es) e concretamente coa publicación de "Galicia. Sendas para descubrir un país" que foi realizada en colaboración entre Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo. |
Condicións de especial relevancia sobre enlaces dende e cara este sitio webA FGM non se fai responsable do contido doutros sitios e páxinas
web alleas, aos que os enlaces que contén este sitio web puidesen
conducir ao usuario. |
Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10
- 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.es
webmaster@fgmontanismo.es